España / Comunidad autónoma de Castilla y León / Provincia de Zamora / LubiánLubiánRegreso a Castilla y León Inicio |
||
Lo más reciente
Lubián |
Lo más reciente
Lubián |
Lubián é un concello da provincia de Zamora, situado na zona das Portelas, na comarca da Seabra. Está encadrado na denominada Alta Seabra e atópase situado xunto á provincia de Ourense, limítrofe á comarca de Viana, e próximo á fronteira con Portugal, á altura da rexión histórica de Tras os Montes. No seu termo municipal atópanse as localidades de Aciveiros, Os Chous, As Hedradas, Hedroso, Lubián e Padornelo. Este concello galegofalante[1] é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira. Poboación Lubián posúe unha poboación moi avellentada, onde só o 4,14% da poboación ten 15 anos ou menos (SIE 2010). Entre os seus edificios destacan as escaleiras exteriores e os típicos balcóns da arquitectura xabresa. Entre os seus monumentos destacan dende construcións relixiosas como a Igrexa de San Mamede de estilo barroco tardío ou o Santuario da Virxe da Tuíza, que conserva no seu interior a Virxe das Neves (patroa da Alta Seabra), ata un castro celta como o das Muradellas (século III a.C.), pasando por trampas para a caza de lobos como O Cortello dos Lobos.[2] Esta vila é o última do Camiño Mozárabe-xabrés ao seu paso por Castela e León. Nesta poboación o peregrino atopa a primeira das máis dun cento de "pedras", todas diferentes, realizadas polo escultor ourensán Carballo e dispostas ao longo do trazado pola provincia de Ourense. Virxe da Tuíza: 5 de agosto. Concello Wikipedia
|